A música, con moitas e variadas propostas, foi un dos ingredientes cos que se elaboraba a V edición da Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico que na tardiña deste domingo 7 de setembro pechaba as portas coa entrega de dúas espectaculares cestas sorteadas, con produtos e artigos de cada un do stands asistentes (viño, queixo, paté, doces, pezas de artesanía…). Unha delas era para Vicente García.
Con respecto ao apartado musical, abríao o pasarrúas de Abertal na mañá do sábado durante a inauguración; e pechábao Dj Carallán na clausura desta tarde. E entre medias, sesión vermú con Los Rokkens o sábado e Carta de Ajuste hoxe; concerto de La Disketera o sábado pola noite; e Dj Repunante na tarde do sábado.
Fotos: Mónica G. Bellver.