DeportesÚltima hora

A valdeorresa Ana Raquel Revuelta, ouro galego en lanzamento de disco en Máster A

A atleta Ana Raquel Revuelta, no podio galego./ Foto cedida.

 

Podio galego para a valdeorresa Ana Raquel Revuelta Parra (Ourense Atletismo), que nesta fin de semana competía no campionato galego de lanzamentos longos máster, celebrado o 13 de xaneiro no Estadio Municipal de Atletismo de Balaídos (Vigo).

A atleta do Barco facíase co ouro no lanzamento de disco (1 kg) en categoría Máster A, cunha marca de 28,93 m. Foi asemade a segunda na clasificación xeral máster desta proba.

A intención de Ana Raquel Revuelta é participar o vindeiro 3 de febreiro no campionato galego absoluto e, se pode, preparar os campionatos de España de veteranos.

 

Artigos relacionados

Back to top button