
Este venres 19 de setembro comeza unha nova edición do concurso musical da TVG ‘Recantos’ dentro do programa Luar, que cumpre 40 anos, e de novo haberá representación valdeorresa.
A barquense Andrea Velasco Dacosta será a representante de Ourense Norte e comezará a competición o venres día 26. “O 19 serán as presentacións e xa cantan dous concursantes pero eu cantarei no seguinte”, explica Andrea, adiantando que tocaralle interpretar dous temas en galego, un dúo e outro individual.
Para dar a coñecer aos concursantes ao público que despois deberá votar, a Televisión de Galicia está a grabar vídeos nos lugares de residencia dos mozos. No caso de Andrea que está a estudar Música, o equipo de grabación achegábase hoxe ata Valdeorras (A Rúa e O Barco), para facer a reportaxe de presentación.

Fotos cedidas.