
A mediofondista valdeorresa Inés Docampo volvía ao podio, desta volta en Galicia. Esta atleta, que nesta tempada viste as cores do Unicaja Jaen Paraiso Interior, facíase coa medalla de prata no Campionato galego absoluto que se disputaba o 28 de xuño nas pistas universitarias de Santiago de Compostela.
Completaba a proba dos 1.500 m femininos cunha marca de 4:49.67, só superada por Paula de la Torre (S.G. Pontevedra), mentres que Estela Díaz (Lucus Caixa Rural Galega) facíase co bronce.
Fotos: FGA.
