DeportesÚltima hora

A valdeorresa Inés Docampo, prata nos 5.000 m no galego absoluto

Inés Docampo (primeira pola esquerda), no galego absoluto./ Foto: FGA.

 

Medalla valdeorresa na proba dos 5.000 m no Campionato Galego absoluto que se desenvolve nesta fin de semana nas pistas viguesas de Balaídos. A barquense Inés Docampo Gamarra (Club Adas Cupa) facíase coa prata esta mañá nesta modalidade cun rexistro de 17:32.45. A vencedora era Antía Castro.

Moi preto do podio queda ademais a vianesa Aldara Basteiro (Club Adas) na altura, cun quinto posto, coa mesma marca que a cuarta clasificada, 1.49.

 

Artigos relacionados

Back to top button