DeportesÚltima hora

A valdeorresa Inés Docampo, preseleccionada para a selección galega no nacional de atletismo por federacións

Inés Docampo./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A mediofondista valdeorresa Inés Docampo Gamarra, do Club Adas Cupa do Barco, figura na lista de atletas preseleccionados pola Federación Galega de Atletismo (FGA) para a conformación da Selección Galega que acuda ao Campionato de España Absoluto por Federacións Autonómicas, que terá lugar o vindeiro 27 de xuño en Logroño (A Rioxa).

Inés Docampo está preseleccionada para a proba feminina absoluta de 1.500 m. A listaxe facíase pública o 11 de xuño por parte da FGA.

Back to top button