DeportesÚltima hora

A valdeorresa Inés Docampo, sétima nos 3.000 m no Campionato de España de pista curta

 

Destacada actuación da mediofondista valdeorresa Inés Docampo Gamarra no Campionato de España de pista curta en categoría absoluta que se desenvolvía nesta fin de semana no Velódromo Luis Puig de Valencia.

Esta atleta do Club Adas Cupa do Barco tomaba a saída na proba dos 3.000 m onde lograba ser finalista, ao clasificarse sétima, e logrando ademais MMP (marca mínima persoal), cun rexistro de 9:21.84. “Estou moi contenta”, dicía Docampo, “fixen marca persoal despois de dous anos e conseguín ser finalista, así que non podo pedir máis”.

Nesta carreira impoñíase a atleta independente Marta García, cun tempo de 9:04.99.

Fotos cedidas.

 

Back to top button