DeportesÚltima hora

A valdeorresa Mónica Yáñez, ouro en heptatlón no galego máster de probas combinadas

 

Medalla de ouro en W45-50 para a atleta Mónica Yáñez, do Club Adas Cupa do Barco, no Campionato galego de probas combinadas máster que tiña lugar nesta fin de semana de 4 e 5 de maio en Santiago de Compostela.

A valdeorresa competía o sábado nos valados, altura, peso e no 200, manténdose practicamente nas súas marcas, e, xa neste domingo en lonxitude, xavelina e no 800. Facíase cun meritorio título galego xa que competía pese a que arrastraba varias lesións e, ademais, nun campionato que se complicaba moito polo mal tempo.

Fotos: FGA.

 

Artigos relacionados

Back to top button