
O vindeiro sábado 21 de novembro terá lugar o exame de ascenso á categoría de Xuíz Nivel I de atletismo. A esta proba presentáranse cinco valdeorreses. O exame está previsto ás 17:00 horas en Santiago de Compostela, en concreto, no salón de actos da Delegación en Santiago da Federación Galega de Fútbol, no Estadio Vero Boquete.
Ademais nesta ocasión, a examinadora tamén será valdeorresa, xa que foi nomeada como tal polo Comité Nacional de Jueces (CNJ) Montserrat Barrio, a responsable dos xuíces da Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA).