DeportesÚltima hora

A valdeorresa Tania Peláez, convocada a unha sesión técnica de remudas de cara ao nacional por federacións Sub16

Tania Peláez nunha competición anterior./ Cedida.

 

O responsable de remudas da Federación Galega de Atletismo (FGA), Jose Carlos Tuñas, vén de convocar a dezaseis atletas para unha sesión técnica praparatoria de cara a celebración do Campionato de España Sub16 por Seleccións do videiro 4 e 5 de outubro en La Nucia.

Entre os convocados figura a atleta valdeorresa Tania Peláez, do Club Adas Cupa do Barco, para as probas de 4×100 e 4×300.

A sesión técnica terá lugar o sábado 20 de setembro na pista de atletismo da Universidade de Santiago de Compostela.

Back to top button