
Entre os atletas distinguidos na Gala do Atletismo galego, que premiaba na tarde do 30 de maio aos mellores atletas galegos e galegas do ano 2024, estaba a valdeorresa Xiana Pungín, con orixes na Mezquita. Nun auditorio de Santiago de Compostela cunha moi boa entrada, os distintos estamentos do atletismo galego xuntáronse baixo nunha celebración que se retomaba logo duns anos de paréntese.
Iván Sanmartín, presidente da Federación Galega de Atletismo (FGA), abría esta edición na que estivo agradecendo a todos a súa asistencia e poñendo en valor os grandes éxitos logrados polo noso deporte ao longo do 2024.
A continuación ían subindo ao escenario os distintos premiados e nominados entre os cales Carlos Estravíz, recibía a Placa Roman Docal a toda unha traxectoria coma xuíz.
A Gimnástica de Pontevedra en ambas categorías pola súa banda, recibía o recoñocemento como mellor entidade así como os adestradores Verónica Cores e Manuel Agueitos.
Momento emotivo foi a distinción ca máxima condecoración da Federación Galega a Isidoro Hornillos quen recibía “agradecido e orgulloso” este premio.
Os atletas olímpicos e paralímpicos en París-24 foron distinguidos ao igual que os seus adestradores e os xuíces que tomaron parte no certame olímpico, Dolores Rojas e Loreto Pérez. Xiana Pungín era distinguida dobremente: como medallista internacional e como atleta internacional coa Real Federación Española de Atletismo como atleta paralímpica.
Ana Peleteiro e Adrián Ben, foron os galardoados como mellores atletas absolutos do ano 2024, ao igual que Ester Pedrosa e Juan Morales na categoría máster; Sabela Castelo e Hugo Casañas na Sub16; Aixa Corbacho e Asheber Díaz na Sub18; Aldara Meilán e Fernando Vallines na Sub20 e Xiana Lago e Hugo Vázquez na Sub23.
A Xunta de Galicia, as Deputacións provinciais así como Concello de Santiago recibiron tamén o recoñocemento do Atletismo Galego no día de onte
RELACIÓN PREMIADOS/AS GALA ATLETISMO GALEGO 2024
Distinción Mellores atletas Absolutos
• Ana Peleteiro
• Adrián Ben
Distinción Mellores atletas Sub23
• Xiana Lago Andrade
• Hugo Vázquez Pérez
Distinción Mellores atletas Sub20
• Aldara Meilán García
• Fernando Vallines Fernández
Distinción Mellores atletas Sub18
• Aixa Corbacho Vidal
• Asheber Díaz Fernández
Distinción Mellores atletas Sub16
• Sabela Castelo López
• Hugo Casañas Pedrares
Distinción Mellores atletas máster
• Ester Pedrosa
• Iván Morales
Distinción Mellor club
• Sociedad Gimnástica de Pontevedra (homes)
• Sociedad Gimnástica de Pontevedra (Mulleres)
Distinción Mellores Técnicos
• Verónica Cores.
• Manuel Martínez Agueitos
Distinción atletas olímpic@s
• Ester Navarrete (olímpica en maratón)
• Ana Peleteiro (olímpica en triplo)
• Yulenmis Aguilar (olímpica en xavelina)
• Antía Chamosa (olímpica en marcha)
• Tariku Novales (olímpico en maraton)
• Belén Toimil (olímpica en maratón)
• Adrian Ben (olímpico en 800 m.
Distinción Adestradores de atletas olímpicos
• Raimundo Fernández
• Manuel Vigo
• Manuel Martínez Agueitos
Distinción Xuízas olimpicas
• Loreto Pérez Roman
• Dolores Rojas
Distinción Plusmarquistas galeg@s absolutos
• Esther Navarrete
• Uxía Pereira
• Lia Caride
• Ana Peleteiro
• Yulunmis Aguilar
• Hugo Vázquez
Distinción Récord Internacional
• Juan Manuel Morales del Castillo
Distinción Atletas internacionais ca RFEA
• Belén Toimil
• Enma Méndez
• Yulenmis Aguilar
• Adrián Ben
• Iker Fernández
• Gonzalo Cuns
• Sabela Martínez
• Asheber Díaz
• Aixa Corbacho
• Lara Iglesias
• Aldara Meilán
• Sandra González
• Ester Navarrete
• Ana Peleteiro
• Xiana Pungín
• Antía Chamosa
• Saleta Fernández
Distinción Medallistas Internacionais RFEA
• Ana Peleteiro
• Xiana Pungin
• Asheber Díaz
• Belén Toimil
Insignia de Ouro da Federación Galega de Atletismo
• Isidoro Hornillos
Distinción Mención especial
• Adi Iglesias
Placa Ramón Docal (Xuiz)
• Carlos Estraviz.
Distincións instituciones públicas
• Xunta de Galicia,
• Deputación de A Coruña,
• Deputación Lugo,
• Deputación Ourense,
• Deputacion de Ppntevedra
• Concello de Santiago