A veciñanza da Urbanización Dona Mencía, situada na Proba (O Barco), vén de manifestar a súa preocupación pola falta de desbroce dunha finca próxima. Por iso, pídelle ao Concello do Barco que interveña para que se proceda á limpeza da mesma. Os veciños, que din que cada ano fan esta petición, están preocupados porque na zona hai un depósito de gas. Ademais de malas herbas, no lugar, explican, proliferan diversos bichos, entre eles carrachas, e na zona acostuman xogar nenos residentes na urbanización. Por iso piden que se proceda ao desbroce desta finca.
Unha demanda semellante en relación coa falta de desbroce de fincas, neste caso nunha parte do casco vello da vila xunto ao río, levábaa ao pleno do Barco o concelleiro do BNG, Manuel Agra, dando traslado tamén da preocupación veciñal ante un posible risco de incendio no verán.
Fotos cedidas.

