
“A veciñanza de Arcos leva cáseque unha semán sen poder facer uso dun ben tan necesario como é a auga potable, logo da derradeira choiva torrencial que causou danos en diferentes infraestructuras xa non só do concello de Vilamartín de Valdeorras, senón tamén en outros da nosa vila”, din dende a Asociación Vecinal San Lourenzo de Arcos (Vilamartín de Valdeorras).
Aseguran tamén dende esta entidade que a veciñanza desta localidade non pode “aguantar máis esta situación, feito que nos leva a iniciar concentracións diante das dependencias municipais do noso
concello”.
Nestas concentracións, asegura a asociación, “esixiremos a inmediata posta en funcionamento do servizo
de auga potable para toda a veciñanza de Arcos. Non é de recibo que uns cantos veciños teñan o servizo de auga para o consumo e outros tantos estén sen ela; por conseguinte, demandarémoslle á alcaldesa de Vilamartín de Valdeorras o reestablecemento deste servizo tan necesario nos nosos domicilios”.
A concentración terá lugar o vindeiro luns, 19 de outubro diante do concello de Vilamartín de Valdeorras, a partires das 11.00 horas.