Cúmprese un ano da angustiosa e tráxica xornada do 16 de agosto, na que a veciñanza de San Vicente de Leira (Vilamartí de Valdeorras) víase incapaz de loitar contra o lume que arrasaba a comarca e que chegaba ese mediodía á súa aldea. Sen ningún tipo de axuda, non podían loitar contra as chamas e só lles quedaba abandonar a localidade para salvarse. E así o facían, ao regresar, horas despois, atopábanse coa devastación e a destrución máis absoluta.
Agora, coincidindo co primeiro aniversario dese lume e coas terribles horas vividas, a veciñanza lembra eses doorosos feitos cunha acción simbólica e convocada case de xeito espontáneo. Pese ás altas temperaturas deste domingo 16 de agosto, os veciños concentrábanse ás 18h. na zona do “Chao da Vaca” para conmemorar a evacuación de San Vicente, realizando unha “evacuación á inversa, de retorno á aldea”.
Unha vez nela, xuntábanse xunto á igrexa, cuxa campá volvía soar, non como hai un ano para alertar do perigo das chamas, senón en sinal de dó e tristura.
Fotos e vídeos cedidos.