ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

A veciñanza de Veigamuíños (O Barco) horna a Santo Tirso

 

Nesta fin de semana Veigamuíños (O Barco) está a celebrar as festas na honra de Santo Tirso. Entre os actos máis destacados deste sábado estaba a procesión coa imaxe deste santo, que saía ás 12h. da igrexa.

 

 

Era levada en andas por catro veciños. Tras ela, o párroco de Veigamuíños, Jesús Álvarez, o grupo de gaiteiros Airiños de Portela, e numerosas persoas. A comitiva relixiosa realizaba habitual pola localidade, para deseguido voltar ao templo onde se oficiaba a misa.

 

 

Despois, está prevista unha sesión vermú longa con Dj Argü e un grupo de gaiteiros. Ás 16:30 horas haberá xogos populares para os nenos, colchonetas e chocolate na carpa; e pola tarde e noite chegará outro dos momentos estelares da festa coa orquestra Cuarta Calle. A sesión musical da madrugada correrá por conta de Dj Isra.

E xa o domingo, 26 de xaneiro, haberá sesión vermú e tarde a cargo do grupo La Tremenda.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button