Aínda que celebraban a festa durante a fin de semana coa xuntanza popular, baile e actividades para os nenos, é hoxe cando a localidade ruesa de Vilela vive o día da Virxe do Carme.
Así, arredor das 12 horas deste mércores 16 de xullo e coa música da Charanga Nova de Trives, saía a procesión coa imaxe da Virxe dende a capela de Vilela. Tras un longo percorrido pola zona alta do pobo (o ano pasado ía pola zona baixa), a comitiva encabezada polo Virxe e os sacerdotes Daniel Pérez e Severino Pérez xunto ao presidente da Asociación de Veciños de Vilela Manuel Martínez, seguida por numerosos devotos regresaban ás inmediaciónds da capela para asistir á misa ao aire libre.
Entre os asistentes estaba tamén Rosario, en cadeira de rodas, veciña que en outubro cumprirá 102 anos.




Fotos e vídeos Mónica G. Bellver.