ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

A veciñanza de Viloira (O Barco) saca en procesión ao seu patrón, San Martiño

 

Toque de campás da igrexa parroquial de Viloira (O Barco) e bombas. Era a chamaba á festa no mediodía deste 11 de novembro, no que esta localidade celebra ao seu patrón: San Martiño. A imaxe deste santo saía en procesión, levada por catro veciños, a partir das 12h., acompañada do párroco, Javier Calvo, e da veciñanza.

 

 

Despois da procesión tiña lugar a misa desta festividade. Pola tarde, está previsto que a praza de Viloira acolla, a partir das 19h., o seu tradicional Magosto, neste caso promovido dende o Concello do Barco.

Fotos: A.R.

 

 

Back to top button