ConcellosO BarcoÚltima hora

A veciñanza do Casco Vello busca voluntarios para elaborar as alfombras do Corpus

Elaboración de alfombras de Corpus o pasado ano no Barco./ Foto: A.R.

 

No marco da celebración do Corpus Christi no Barco, o vindeiro domingo 22 de xuño, a veciñanza da rúa San Mauro e Casco Vello ten previsto elaborar as tradicionais alfombras florais nesta zona da vila. Os veciños realizan o traballo de decoración, e o Concello colabora cos materiais que son necesarios para o mesmo.

Neste senso, solicitan a colaboración de voluntarios para a súa realización ese domingo a partir das 7h. da mañá. Ao finalizar, todos son convidados polo Concello a un chocolate.

As persoas interesadas poden contactar coa organización no teléfono 696407086.

 

Back to top button