Con moita ilusión, traballo e creatividade a veciñanza do Castro (O Barco) está engalando, por primeira vez de forma conxunta, esta vila para recibir as vindeiras datas do Nadal. Comezaban cunha iluminación especial que xa se comezaba a instalar hai uns días e nesta fin de semana incluíanse novos elementos como estrelas e comezaba a decoración de determinadas casas con motivos propios destas festas como muñecos de neve ou mesmo unha pista de patinaxe e renos.

Para preparar estes adornos non faltan os elementos vexetais, nin tampouco figuras como os duendes ou animais como os buhos. “A nosa intención é empezar e, cada ano, ir ampliando a decoración”, din as veciñas que nesta tarde de domingo se afanaban con diversos detalles.
Sen dúbida, cando a decoración estea completada este será un motivo máis para visitar esta fermosa e antiga vila valdeorresa.
Fotos: Carlos G. Hervella.
