Ademais da iluminación, que se acendía hai xa un par de semanas, algunhas das rúas e casas da vila do Castro tamén se veñen de engalanar para recibir o Nadal. A veciñanza botaba man da imaxinación e, empregando materiais reciclados, pero tamén elementos naturais como follas, ramas de árbores, madeira traballada e formando esculturas, árbores ou nacementos.; e mesmo castañas, entre outros, vestía de xeito orixinal diversas partes da localidade con creatividade e moita cor.

Estas son algunhas mostras do que pode verse percorrendo as rúas da vila do Castro.
Fotos cedidas.
