Nesta tarde a veciñanza do Castro (O Barco) afanábase en ultimar os preparativos, que se iniciaban semanas atrás, para a tradicional procesión “dos Caracois”, unha das referencias da Semana Santa valdeorresa.

Preparaban con sumo coidado os caracois e tamén íanos colocando en diferentes lugares e mesmo formando figuras para que esta noite poidan alumarlle o camiño á procesión da Virxe da Soidade, que sairá ás 22h. da igrexa do Castro.
Fotos: Carlos G. Hervella.

