ConcellosO BoloÚltima horaVídeos

A veciñanza do Viduedo consegue salvar das chamas este barrio de Celavente (O Bolo)

 

A colaboración veciñal está sendo clave nesta vaga de incendios para salvar as aldeas ante a falta de medios. Unha mostra diso é o que acontecía a pasada noite no Viduedo, un dos barrios de Celavente (O Bolo), polos que pasa a coñecida ruta dos fornos.

Ante a chegada das chamas ás inmediacións do lugar a veciñanza, moita dela de entre 70 e 80 anos, coa axuda de voluntarios e familiares e mozos que viñan de Vigo, voluntarios tamén, loitaba ata madrugada contra as chamas, logrando salvar o barrio pese ao difícil e complexo da situación. “A Viduedo chegou o incendio, rodeou todo o barrio e conseguimos apagalo, pero só estabamos os veciños e voluntarios, pero despois estaba para meterse nos montes do Bolo. Tiñamos as mangueiras do barrio e un tractor dun rapaz de dar sulfato. Tamén Os Hortos (barrio de arriba), estaba todo rodeado”, conta unha das veciñas desta zona.

 

 

Contra as dúas e media da madrugada, os veciños vían como chegaban as brigadas da UME cun dumper e 4-5 camións.

Polos datos que nos ofrecen veciños da zona do Bolo, parece que, polo de agora, o lume non pasou para a zona baixa do municipio, é dicir, non afectou a localidades como San Martiño e Barxa, pero tamén nos din que está entrando un novo foco de lume polo lado de Portomourisco, polo que a situación nas vindeiras podería cambiar a poderíase agravar.

 

 

Foto e vídeos cedidos.

Back to top button