A VeigaConcellosEntroido 2026Galerías de fotosÚltima horaVídeos

A Veiga despide o Entroido por todo o alto coa VIII Xuntanza de fulións e máscaras

 

Agora si. Dende a rúa Nova ata a praza do Concello, seguindo o mesmo percorrido do desfile do pasado martes, máis dunha vintena de fulións e máscaras de toda a provincia, participaban na tarde deste sábado 21 de febreiro na VIII Xuntanza organizada pola Asociación Cultural O Son de Trevinca como peche do “Entrudio 2026”.

 

 

Como anfotrión, abría o desfile o Fulión da Veiga cos charrelos, bois e demais máscaras e detrás, un a un os quince fulións e oito grupos de máscaras de diferentes partes da provincia de Ourense. Fulión As Tablillas; Fulión de Petín; Fulión de Buxán; Fulión de Penouta e Ramilo; Recreación do “Oleiro” e Pantallas de Xinzo de Limia; Fulión O Tameirón; Fulión de Piñeiro; Cabreiros de Muíños; Fulión Cabo da Vila; Fulión O Fiadeiro; Follateiros de Lobios; Fulión de Bembibre; Fulión de Chandrexa de Queixa; Peteiráns de Freás (Castrelo de Miño); Fulión Os Labregos; Danzantes e Vellos de Vilameá; Fulión de Carracedo da Serra; Fulión de Fradelo; Vellarróns de Riós; Fulión de Mormentelos; e Felos de Maceda.

 

 

Tras unha espectacular e soleada tarde, a Morte xunto ao propio Fulión da Veiga e rodeada de fachóns era a encargada de pechar o desfile, xa escurecendo.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella excepto a última da galería que é cedida.
Vídeos: Carlos G. Hervella e cedido.

Back to top button