A VeigaConcellosÚltima hora

A Veiga estrea novas propostas astroturísticas como “Destino Starlight”

 

O Concello da Veiga segue apostando polo astroturismo, e, nese senso, porá en marcha neste ano novas iniciativas baseadas na fotografía nocturna de lúas. A primeira actividade será a Lúa de Cervo este sábado 20 de xullo. Dita actividade consistirá nunha experiencia fotográfica onde participarán nun taller guiado de fotografía de lúa para posteriormente realizar fotografías da mesma en diferentes localizacións.

Aquel que desexe participar deberá contactar coa Oficina de Turismo do Concello da Veiga , no 988350130/650183699, ou a través de turismo@aveiga.gal.

 

 

Tamén se porá en marcha o concurso de fotografía “Lúas de Trevinca”, actividades polas “Bágoas de San Lourenzo/ Perseidas”, e xa de cara a setembro a décima edición das Xornadas de Astrotrevinca (do 30 e 31 de agosto ao 1 de setembro.

Ademais está prevista a Xornada de Astroturismo e muller no entorno rural,  o 5 de setembro, onde a presidenta da Fundación Starlight, Antonia Varela impartirá unha conferencia. Por outra banda, en outubro farse a experiencia enoturiística “CATa no CAT”.

Back to top button