
O Teatro Lauro Olmo acollerá o vindeiro martes 25 de novembro dous pases técnicos gratuítos da última curtametraxe dirixida por Rodrigo Marini, rodada integramente no Barco de Valdeorras. As proxeccións serán ás 19 e ás 20:30 hhoras e contarán coa presenza do propio director xunto aos dous actores protagonistas, Juan José Ballesta e Veki Velilla, ademais doutros membros do equipo artístico e técnico.
A curtametraxe espertou un notable interese na comarca desde o inicio da rodaxe e ese pases técnicos permitirán a público e veciños gozar en primicia do traballo realizado e compartir impresións directamente co seu equipo creador.
Festa benéfica en apoio á curtametraxe
Pero iso non será tordo. Tralas proxeccións, arredor das 21:30 horas, terá lugar unha festa especial no pub Skándalo cuxa recadación seirá destinada integramente a cubrir os custos de postproducción, comunicación, márketing, comercialización, difusión e distribución da curtametraxe en festivais nacionais e internacionais.
O prezo da entrada será de 8 euros e incluirá unha picada con bebida, música en directo a cargo de Sr. Jingles que interpretará os seus dous temas incluídos na B.S.O. da curta e a actuación do Dj local Ama. Ademais, “haberá un sorteo e diferentes dinámicas que garanten unha noite de diversión e apoio ao talento audiovisual”, aseguran dende a organización, destacando que se trata dun evento “que pon en valor o cinema e a cultura local” xa que con esta iniciativa, o equipo da curtametraxe busca “non só financiar a fase final do proxecto, senón tamén poñer en valor o talento local, a participación veciñal e o potencial de Valdeorras como escenario cinematográfico”.

As entradas para a festa están dispoñibles nos seguintes establecementos:
O Barco de Valdeorras:
* Exclusivo
* Bar Beer para Creer
* Cafetería Rincón Abierto
A Rúa:
* Peluquería Toño
* Bar Ruta 66