EconomíaEconomíaÚltima hora

A VI Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico que se celebrará no Barco esta fin de semana cambia de ubicación

Imaxe da feira o ano pasado no paseo fluvial do Malecón do Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O sábado 5 de setembro ás 11 horas abriranse as portas da VI Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico de Galicia e Norte de Portugal que cambia de ubicación.

Como noutras edicións estaba previsto que se celebrarse na praia fluvial do Malecón, no Barco de Valdeorras pero finalmente faráo na praza Andrés de Prada. Así o indicaban dende o Concello no pleno celebrado na tarde deste xoves 3 de agosto, explicando que o cambio prodúcese porque “dende a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil indican que non se pode facer na praia por ocupación do caude do río”.

Back to top button