
A Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense informa de que, unha vez rematado o prazo establecido para a presentación de precandidaturas á elección da candidata ou candidato á alcaldía de Ourense, foi rexistrada unha única precandidatura.
A precandidatura está encabezada por Natalia González Beneitez, actual secretaria xeral do PSdeG-PSOE na cidade de Ourense e voceira do Grupo Municipal Socialista no Concello de Ourense”, segundo informa o partido.
Ademais, matiza que, dDe acordo co establecido no regulamento do proceso, “ao concorrer unha única precandidatura non será necesario celebrar o proceso de elección mediante primarias, quedando sen efecto o calendario das mesmas anunciado en días anteriores. En consecuencia, Natalia González Beneitez queda proclamada como candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía do concello de Ourense”.
