Ata San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras), un dos puntos considerados como “zona cero” do grave incendio que asolaba Valdeorras a mediados de agosto desprazábase este mediodía a vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, acompañada pola secretaria de Estado de Economía Social, Amparo Merino.


Acudía ao centro social de San Vicente de Leira onde mantiña unha reunión cos alcaldes do oriente ourensán afectados polos incendios, entre os que había rexedores de Valdeorras, pero tamén doutras comarcas como a das Terras de Trives, así como veciñanza. Tamén acudían o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos.
Neste encontro, que abría o alcalde de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Álvarez, quen lembraba a gravidade da emerxencia vivida e da situación actual do concello, visiblemente emocionado, tamén interviñan a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras e deputada provincial, María Carmen González; o alcalde de San Xoán de Río, tamén deputado provincial, Xosé Miguel Pérez, así como os alcaldes da Veiga, Juan Anta, e a alcaldesa de Larouco, entre outros intervintes.
En breve ampliarase información.
Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.