En plena campaña de vendima, a Adega Cooperativa Xesús Nazareno do Barco, a primeira en embotellar un godello, recibía a visita da vicepresidenta segunda do Goberno e Ministra de Traballo e Economía, Yolanda Díaz, no mediodía deste 12 de setembro.
Guiada polo directo comercial da cooperativa, Alfredo Fernández, a vicepresidenta coñecía as diferentes partes desta instalacións, ao mesmo que comprobaba como chegaba a uva godello, e comezaba o seu procesamento. O percorrido seguía despois pola zona de adega.
Nesta visita estaba acompañada pola secretaria de Estado de Economía Social, Amparo Merino, así como polo delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e o alcalde do Barco, Aurentino Alonso, entre outras autoridades e persoal da adega.
Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.
