Nada mellor que un bo xantar para repoñer forzas. Tralo desfile de folións dende a praza ata A Rodeleira, a Festa das Sopas de Allo celebrada no pavillón municipal do Bañadoiro poñía o broche á xornada de Entroido en Vilamartín de Valdeorras.
Un xantar, elaborado e servido polos anfitrións, os Viticultores ao que asistían os folións convidados (Carracedo da Serra, O Tameirón, Petín, O Fiadeiro, Sobrado, O Irrio, As Tablillas, Chandrexa de Queixa e O Can de San Roque) pero tamén veciños que degustaban un rico menú con aperitivos, empanada, sopas de allo, orella/ morro á galega, chourizos cocidos con patacas cocidas, bica, café, licores e bebida.
Con cada entrada cunca de barro de agasallo e participación no concurso cun lote de produtos da matanza e animación musical cun Dj.

Fotos: Mónica G. Bellver.