OurenseÚltima hora

A VIII Galleta Solidaria recada na provincia 4.927 euros para a AECC

A iniciativa está promovida pola Asociación de Pasteleiros e Confiteiros de Ourense

Pilar Ávila, Germán Rodríguez – Saa e Arturo Prado esta mañá./ Cedida.

 

Este mediodía a sede da Asociación Española contra o Cancro (AECC) na cidade de Ourense acollía o acto de entrega por parte da Asociación de Pasteleiros e Confiteiros de Ourense, do cheque coa recadación da VIII edición da Galleta Solidaria 2025.

En total foron 4.927 euros procedentes da venda de galletas doadas por unha ducia de pastelerías da provincia, integradas nenta entidade empresarial. Eran a vicepresidenta da asociación, Pilar Ávila, e o tesoureiro, Arturo Prado, os que facían entrega do cheque ao presidente da AECC, Germán Rodríguez – Saa.

En total, son xa oito edicións desta actividade solidaria a iniciativa das confiterías ourensás asociadas, que recadaron case 38.517 euros desde o seu inicio. No transcurso da entrega, valorouse positivamente este feito e convocouse a próxima edición para a primavera de 2026.

Back to top button