En portadaÚltima horaVídeos

A vila de Manzaneda rememora de xeito festivo o seu pasado coa I Feira Medieval

 

Banderolas, postos dos produtos máis diversos, espectáculos de rúa, trobadores, xogos… A vila de Manzaneda viaxaba varios séculos atrás nesta fin de semana para lembrar o seu pasado medieval nas súas rúas, que aínda manteñen a estrutura e arquitectura desa etapa histórica.

 

 

O programa desta celebración, que neste sábado continuará ata a medianoite, comezaba ás 11h. deste 27 de xuño coa apertura do mercado medieval e do recuncho infantil e continuaba con actuacións musicais itinerantes a cargo de Turdión, con propostas de animación como “Árbores”, “Seres mitolóxicos” ou “A lenda”.

 

 

 

 

 

 

Había tamén unha demostración de fiado a cargo das mulleres da Asociación Algueirada. Pola noite ás 23h. esta previsto un espectáculo de lume, “Vulcano”.

Dende o Concello de Manzaneda faise unha valoración moi positiva desta primeira edición deste evento de recreación histórica. “Hoxe acompañou o tempo e estamos moi gradecidos de toda a xente que nos veu visitar e dar a coñecer o centro da vila tanto a veciñanza do propio Concello como aos visitantes. É un día máis de festa”, dicía o alcalde de Manzaneda, Pedro Yáñez, que esta tarde estaba acompañado polo deputado provincial e alcalde de Río, Xosé MIguel Pérez.

 

 

 

Ademais, o programa da festa seguirá mañá con máis actividades para todas as idades. Neste senso o rexedor convidaba tamén a participar nestas propostas e a visitar Manzaneda para desfrutar desta celebración, lembrando ademais que están abertas ás piscinas e que pode desfrutarse da boa gastronomía tanto nos locais de hostalaría do municipio como nos postos da propia feira medieval.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Back to top button