Pese á chuvia e ao frío, a antiga Comparsa das aldeas de Viana do Bolo, co seu elenco de personaxes e músicos, visitaba na tarde do 7 de febreiro Pradocabalos. A auga acortaba a ronda e obrigaba a celebrar os brindis e disputas no baixo dunha casa, pero isto non impediu que a veciñanza desfrutaba dunha tarde de puro Entrudio, chea de versos, parodias, sátira, música, risas e que remataba coa promesa dunha vindeira visita coa Comparsa noutro ano.
Fotos: Carlos G. Hervella.

