Cunha enorme ilusión os nenos de Vilariño de Conso recibían esta tarde a visita dos Reis Magos, recén chegados de Oriente, con agasallos e caramelos. Chegaban ás 17h. ao colexio, onde os cativos podían saudalos, falar con eles e mesmo entregarlles algunha mensaxe de última hora.
O encontro rematada cunha quentiña e deliciosa chocolatada para os asistentes, acompañada con roscón de Reis.
Ademais, no decurso desta actividade, había unha mostra con postos de diferentes produtos.
Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.



