ConcellosManzanedaÚltima horaVídeos

A visita dos Reis Magos a Manzaneda remata con agasallos e chocolatada

 

Ao escurecer deste 5 de xaneiro, cumprindo co anunciado días antes, os Reis Magos visitaban a vila de Manzaneda, pero as condicións meteorolóxicas impedían que fixesen a súa tradicional cabalgata.

 

 

Primeiro, acompañados polo alcalde, Amable Fernández, achegábanse ata a residencia de maiores Gabino García e despois tiña lugar a recepción oficial no centro Interxeracional de Manzaneda, onde repartían os agasallos para a cativada presente, rematando cunha chocolatada e churros.

 

 

 

 

Nesta actividade promovida polo Concello, contábase coa colaboración da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Manzaneda.

Fotos e vídeos cedidos.

Back to top button