Entroido 2026OurenseÚltima hora

A Voda da Pita, un enlace moi especial salpicado de sátira nas Eiroás

 

O barrio ourensán das Eiroás celebraba o 17 de febreiro a xornada central do seu Entroido. Comezaba cun pasarrúas con máscaras e ao ritmo da charanga Doctor Anchoa e continuaba coa “Voda da Pita”, unha recreación en clave satírica dun enlace moi singular, no que entran en escena un elenco de personaxes.

Tras a cerimonia dábase paso ao xantar dos noivos coa música da mesma charanga, seguido de baile con Ocaband, paarela de disfraces e reparto de orellas e rosquillas. E, como despedida final do Entroido, tiña lugar a queima do Meco ás 21h.

Fotos cedidas.

Back to top button