En portadaÚltima horaVídeos

A Volta Ecolóxica volve animar e encher de humor e festa a Rúa Vella

 

É unha das actividades máis esperadas do programa das festas de San Roque que se están a celebrar na Rúa Vella, neste ano especialmente xa que o pasado non se celebraba por mor dos lumes e, como vén sendo habitual, reunía a multitude de persoas e sorprendía polo colorido e a orixinalidade dos disfraces.

Pasadas as 19 horas deste sábado 22 de  de agosto, numerosas persoas de todas as idades, saían en bicicleta e disfrazadas de xeito moi orixinal dende a praza César Conti ata completar o vistoso percorrido no campo de San Roque. A comitiva ía encabezada por un vehículo da Policía Local da Rúa e xa na parte final da volta, ían os voluntarios da Agrupación de Protección Civil ruesa.

 

 

Esta orixinal iniciativa nacía hai décadas como protesta contra os desastres medioambientais e os maltratos ecolóxicos e hoxe mantense como unha divertida actividade familiar na que pais, tíos e mesmo avós, acompañan aos nenos en engalanadas bicicletas, patinetes e tamén a pé, percorrendo con todo tipo de disfraces, boa parte da Rúa Vella.

Nesta ocasión, marcada polas altas temperaturas, a Volta Ecolóxica remataba pasada por auga xa que xusto antes de entrar no campo de San Roque, onde tiña lugar a entrega de premios, os veciños agardaban polos peculiares ciclistas con globos de auga para refrescar o ambiente.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button