Este mediodía celebrábase a X Romaría Internacional Abanca no Mosteiro de San Clodio en Leiro. Trátase dunha cita xa tradicional que cada verán organiza a entidade financeira nun espazo monumental de Galicia e que nesta ocasión reunía a preto de 350 convidados procedentes de 12 países de Europa e América. O evento contribúe a reforzar os vínculos cos seus clientes non residentes, que adoitan aproveitar esta época do ano para desprazarse desde os seus lugares de residencia a Galicia.
Esta edición da romaría estivo encabezada polo presidente da entidade financeira, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, ademais do conselleiro Pedro López, o director xeral de Negocio Internacional, Alfonso Caruana, e o director xeral Comercial, Gabriel González Eiroa. Ao acto tamén acudiron representantes políticos, entre eles o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández; o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González; o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor; e o o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez.
Durante o acto, Alfonso Rueda destacaba a importancia da colaboración público-privada para acadar grandes obxectivos compartidos e subliñaba a contribución de Abanca ao financiamento do tecido empresarial e produtivo, no desenvolvemento e vertebración do rural e no impulso de proxectos de interese social, como as liñas para facilitar o acceso á vivenda, destacándoa como “un aliado para a Galicia que quere medrar”.
Fotos e vídeos cedidos.