
A xestora de A.A.S.V, co seu presidente á fronte, reuníase o luns 6 de outubro co director do HCV para tratar “temas relativos á silicose e da xestión que este hospital realiza referente a esta enfermidade, solicitando información relativa á mesma”.
Tal como indican, “a reunión discorreu nun ambiente cordial e construtivo, coa vontade de ambas as partes de avanzar, chegando a un acordo coa dirección para que os neumólogos asistan ao Barco segundo a necesidade, previa recomendación do grupo de xestión”.
Tamén explican que “este grupo está a crear unha base de datos cos enfermos e convidamos a quen aínda non fose avisado, contacten connosco a fin de facilitarlles a incorporación a dicha lista. O compromiso por parte do hospital de que as probas previas, espirometría, placa, TAC e a propia consulta co Neumólogo realizaranse sempre no Barco, evitando desta maneira desprazamentos a Ourense”.