Ao ritmo da Batucada Bate no Kobre desenvólvese a XI Noite Branca do Centro Comercial Aberto (CCA) do Barco neste venres. Un total de 25 establecementos de diferentes puntos da vila sumábanse a esta festa do comercio, que engalana os locais (con globos de cores e outros elementos identificativos, na que se prolonga o horario comercial ata as 23h. e ofértanse produtos de tempada a moi bo prezo.
Ademais os clientes son recibidos con diversos petiscos e bebidas que se ofrecen de xeito gratuíto. Os locais participantes nesta ocasión son: Ana de la Puente, A tenda da Rita, Ana óptica, Baamonde, Boutique Glory, Boutique Suá, Can Can, D ́Chus, Eneska, Foot on Mars, Garoba, Laraña, Librería Murciego, Mercería Carmiña, Miranda X, Moda Anímate, Montglam, Modas Toño, N37, O Bambán dos Sorrisos, Pili Confecciones, Pizpireta, Rocinante Blanco, Trios 2.0, Zapatería Moral, Zapatería Palpié.
O ambiente estaba animado polo son da Batukada Bate no Kobre, que comezaba o seu percorrido pola vila dende a praza Andrés de Prada.
Fotos: A.R.


