En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A XIV Carreira e Andaina do Nadal, popular e solidaria, reúne a unhas 120 persoas na Rúa

 

Un ano máis, fiel xa a unha tradición por estas datas, A Rúa acollía na mañá deste domingo 28 de decembro, a XIV Carreira e Andaina Popular do Nadal, 1 kg Solidario, que reunía a unhas 120 perosas entre andarines e corredores (carreira absoluta e base). No momento da retirada do dorsal, os participantes e acompañantes podían facer entrega de 1kg de alimentos non perecedoiros para ser doados.

 

 

Os primeiros en saír, diante do pavillón municipal, no Aguillón, eran os participantes na andaina, seguidos dos 54 da carreira e finalmente os 24 cativos inscritos nas diferentes carreiras que completaban un circuíto máis reducido en función da idade.

 

 

O circuíto da andaina e carreira absoluta, de 6,5 km percorría boa parte da zona da Veiga, preto do río por onde se distribuían os voluntarios das agrupacións de Protección Civil de Manzaneda, A Rúa, Larouco, Petín, Vilamartín e O Barco, que sempre axudan nesta iniciativa organizada polo Club Adas CUPA coa colaboración do Concello da Rúa (o concelleiro de Deportes, Avelino Fernández, era o encargado de dar a saída) e patrocinada nesta ocasión por Generali.

 

 

Na categoría masculina, o primeiro en chegar a meta era Javier de Dios Rodríguez, seguido de Pablo Alonso Barreiro e Omar Vidal Pérez. Na feminina, o podio formárono Marcel Reyes Pérez (1ª), Lucía Rodríguez Vázquez (2ª) e Carmen García Cuevas (3ª).

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button