A localidade de Celeiros (Chandrexa de Queixa) acolle neste sábado 6 de setembro a XIV Festa gastrómica do Cordeiro. Ao longo da xornada os asistentes poderán degustar este delicioso prato ademais de gozar de diversas actuacións musicais.
O seu programa iniciábase ás 11h. coa actuación da Charanga Nova de Trives, que tocaba ata as 14h. Así animaba ás 13 horas coa degustación gratuíta de cordeiro ao espeto. Ás 13.30 horas tiña lugar a sesión vermú da man do dúo Ángel América e ás 14.30 horas dábase paso ao xantar popular.

Os asistentes desfrutaban dun menú a base de empanada de iscos, pementos, cordeiro ao forno, bica, viño, café e licores. O prezo deste menú era de 20 € para adultos e 8 € para nenos/as de 3 a 12 anos.
Entre as persoas que compartían mesa nesta edición estaban a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue; o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos e o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, entre outras autoridades, como o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, o deputado provincial Xosé Miguel Pérez, ou diferentes alcaldes da provincia.

Pola tarde seguía festa, a partir das 18.30 horas está prevista a actuación do dúo Ángel América e ás 20.30 horas celebrarase unha gran pancetada. Para poñer o broche final a esta festa haberá verbena a cargo de orquestra Tango e da disco móbil Stuu. Ademais haberá inchables para a cativada de 15:00 a 22:00h con monitores.
Fotos: Carlos G. Hervella.

