EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A XIV Ruta de Pinchos “O Barco vai de viños”, do 9 ao 17 de xaneiro con ata 34 establecementos

A organización vén de presentar esta nova edición, na que o prezo dos petiscos será de 3 euros

 

Comeza a conta atrás para a XIV Ruta de Pinchos “O Barco vai de viños”, un festival de delicias que se desenvolverá do 9 ao 17 de xaneiro neste municipio coa participación de ata 34 establecementos de hostalaría, 13 máis que na edición anterior. Este mediodía presentábase a nova edición desta iniciativa, nun acto celebrado no Multiusos do Barco coa asistencia da presidenta da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), Araceli Fernández; do presidente do Barco Centro Comercial Aberto (CCA), da concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta. Neste acto expoñíanse a meirande parte dos 34 petiscos que se van poder saborear a partir de mañá.

 

 

“Esta ruta (promovida por AEVA, o CCA e o Concello) naceu coa idea de amosar do que é a capaz a nosa restauración dende o punto de vista gastronómico e, ademais, nesta época na que parece que despois do Nadal todo baixa, é un pouco para non perder esa inercia e apoiar todo o que é o sector da restauración e, ao mesmo tempo, que sexa un motivo para que a xente saia e desfrute, non só da nosa gastronomía, senón tamén dos nosos viños”, comentaba a presidenta da AEVA, destacando, deseguido, o incremento de hostaleiros participantes. “Estamos contentos porque cada ano vos adherides máis establecementos, hai máis iniciativa e máis creatividade, de feito pasamos de 21 establecementos (ano 2023) e 34 establecementos, entón queremos agradecer a resposta a esta iniciativa”.

 

 

Durante o acto dábanse a coñecer tamén os establecementos participantes, que se agruparán novamente en zonas con nomes de diversas variedades de uvas valdeorresas, un total de seis desta volta. A zona nova que se estrea neste 2025 é a da vila do Castro.

Así a partir do 9 de xaneiro o público terá nove días para visitar cada un destes locais e saborear cada un dos seus petiscos, que se servirán a un prezo de 3 euros. A ruta seguirá unha mecánica similar á da anterior edición, así o público poderá votar aos seus petiscos favoritos, ao mesmo tempo que iso daralle posibilidade de entrar no sorteo de tres ceas.

 

 

“De novo nesta edición os establecementos valorarán os petiscos a través dos boletos de participación, que estarán dispoñibles nos locais. Como na anterior ruta, non haberá xurado especializado, senón que todos os premios dependerán unicamente da valoración da clientela”, indicaba Jacobo Arias, presidente do CCA, concretando que haberá catro distincións: “primeiro premio e ganador da XIV Ruta de Pinchos, segundo premio, terceiro premio e un cuarto premio á mellor foto #vaideviños25 (terán que realizarse publicamente e non en publicacións temporais tipo reels ou stories)”.

 

 

Tamén lembraba que nos establecementos, “os clientes disporán de boletos os cales deberán selar, como mínimo, en seis establecementos diferentes (un por cada zona) para poder elixiar aos mellores petiscos e optar ao preio dunha cea para dúas persoas”. Eses boletos poderán depositarse nas urnas que haberá en cada local, e que se recollerán ás 23:00 horas do 17 de xaneiro.

 

 

Os participantes poderán acceder a todos os detalles (localización, horarios, denominacións de petiscos) a través dun folleto en papel, a web de AEVA, redes sociais e un código QR dispoñible nos carteis publicitarios, segundo se expoñía na presentación.

Os clientes participantes entrarán nun sorteo de catro ceas para dúas persoas:

 

Os premiados daranse a coñecer o vindeiro 21 de xaneiro.

Pechaba o acto a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, quen destacaba o aumento de participantes na ruta, “son 34, 13 máis que na anterior edición, e esperamos que ano tras ano vaian aumentando, e ogallá que poidamos chegar ao 10% de participación dos hostaleiros. Esta ruta é o mellor comezo que podemos ter da Festa do Botelo.

Tamén comentaba que o prezo dos petiscos nesta edición será de 3 euros. “A calidade dos petiscos xa está constatada en anteriores edicións, por iso os nosos parabéns aos hostaleiros, pero para poder mantela, houbo que incrementar un pouquiño ese prezo”.

 

 

Pizcueta tamén concretaba os nomes de cada unha das zonas nas que se agrupan os establecementos (garnacha, godello, sousón, mencía, treixadura e merenzao). E indicaba que, deste xeito, “o Concello do Barco segue apoiando tanto á restauración como ao sector comercio”.

 

 

Fotos e vídeos: O SIL.

 

ESTABLECEMENTOS E PETISCOS

1. 13/14     EL QUESARITO DEL MOLDES (opción sen glute)
2. A COVA DA CAPITANA          BAO Ó CALDEIRO
3. ASADOR VILA DO CASTRO   MEDALLON CASTRO
4. BAILARÍN        EL BUÑUELO
5. BAJO 5           BRIOCHE CON CRUJIENTES LANGOSTINOS SALSAS DE LA CASA, PATATAS PAJA Y PIPARRAS
6. BAR CORUÑA          GAMUSINOS
7. BARBUDOS              FALSO DESAYUNO
8. BEER PARA CREER   TOSTA DE CECINA CURADA CON MERMELADA DE TEMPORADA CARAMELIZADA Y QUESO DE CABRA
9. CERVECERÍA KRONE           PATATA KRONE
10. BAR CAFETERÍA CRISTAL   BURGUER MAYITA
11. BAR DESPISTE          PAN COOK DE MARISCOS
12. DORADO        DORADO
13. EL MURO DEL MALECÓN CRIYAMA
14. EXCALIBUR    FLOWER BURGUER
15. LA FABRICA   LA CAZUELA QUE SABÍA DEMASIADO
16. LA GALERIA   TORTILLA DE LA CUQUI
17. LA UNION       ZAMBURIÑA GRATINADA CON BECHAMEL DE LACON CON GRELOS
18. LA PAMPA     PAMPI PORK
19. TABERNA O BURACO BOCADO SOLOMILLO
20. HOTEL RESTAURANTE PAZO DO CASTRO FAJITA DE COCHINITA PIBIL, SETAS DE CARDO Y QUESO TETILLA
21. COCIÑA DO LAR   CREPE RELLENA DE ZORZA Y HUEVO
22. RESTAURANTE O PIQUIÑO   BOCADO CESAR
23. SAN ROQUE    VIEIRA GRATINADA
24. TAPERIA AGARIMO  PASA BOCA
25. BAR LOS CUÑAOS   TOSTÓN MARGARITEÑO
26. VEIRA SIL    CALANTORNIO
27. CAFÉ BAR ANJ3L  TOSTA DE GAMBAS
28. QUINCA CAFÉ BAR COXINHA DE POLLO (croquetón)
29. QUINCA CAFÉ BAR 2 QUIBE
30. KAVERNIKOLA    PALEODELICIA
31. EL ANCLA CAFÉ    AREPA MAR O TIERRA
32. CAFÉ BAR ZIG ZAG   MARRANCHIÑO
33. MARACUCHOS   PABELLÓN ROLLS
34. SKANDALO AMOR A PRIMERA MORDIDA

ZONAS e Nº DE ESTABLECEMENTOS EN CADA UNHA
4 GARNACHA
5 GODELLO
6 SOUSON
6 MENCIA
6 TREIXADURA
7 MERENZAO.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button