
O concello de Parada de Sil será protagonista un ano máis da Carreira por Montaña Canón do Sil “A Decana” que, á parte das singularidades e dureza do seu percorrido, amosa aos participantes unha espectacular natureza entre viñas e soutos, que agora presentan un colorido especial.
Na presentación desta proba participaban José Manuel Pérez, delegado de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense; Xosé Miguel Pérez deputado provincial, o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, e o representante do Clube de Montaña Ribeira Sacra e membro da Federación Galega de Montañismo (FGM) Xosé Antón Vázquez.

A carreira, que terá lugar o 18 de outubro na máxima categoría, ten un percorrido de 33 kms cun desnivel positivo de 2.220 metros e logo hai unha proba media de 17 km e outra cadete de 7 km.

Esta carreira é puntuable para a Copa da Xunta de Galicia e para a liga de trail de Galicia. É unha proba aberta e as inscricions pódense facer en Championchip norte https://ccnorte.com/
Fotos cedidas.
