DeportesFútbol salaÚltima hora

A xogadora valdeorresa de fútbol sala Vera Rodríguez González ficha polo Envialia Ontime feminino

Debutará mañá co seu novo equipo nun partido en Chapela

Vera Rodríguez coa equipación do seu novo club./ Cedida.

 

Despois de oito tempadas xogando no Club Pizarras Los Tres Cuñados de fútbol sala, e logo de participar o 6 de decembro no torneo de Seleccións, a valdeorresa Vera Rodríguez González vén de fichar polo Envialia Ontime. Este equipo de fútbol sala feminino está na máxima categoría e cunha gran presenza nas categorías base en Galicia e no Nacional.

Vera Rodríguez debutará mañá na liga galega nun partido en Chapela. A xogadora agradece o apoio recibido polo Pizarras Los Tres Cuñados en todos estes anos nos que ten estado na súa canteira.

Artigos relacionados

Back to top button