OurenseÚltima hora

A xornada “Os lumes que veñen (xestión forestal preventiva), o 20 de outubro en Ourense

 

O vindeiro 20 de outubro celebrarase en Ourense a Xornada “Os lumes que veñen (Xestión forestal preventiva)”, financiada polo plan de Transferencia Tecnolóxica de AGACAL/Medio Rural e organizada polo Servizo provincial de Montes de Ourense. Terá lugar no Salón de Actos do Centro ISSGA de Ourense (Rúa Villaamil y Castro, s/n – A Lonia, Ourense).

“Despois de que en agosto de 2025 o lume arrasara máis de cen mil hectáreas na provincia de Ourense, é imprescindible dar a coñecer as persoas propietarias e aos profesionais forestais as claves dos necesarios cambios que se precisan na xestión forestal do futuro, para crear territorios máis resilientes fronte aos incendios”, explican dende a organización.

Con este obxectivo, a xornada pretende abordar da man de expertos, “temas como a prevención centrada en zonas estratéxicas de xestión, transformación da paisaxe en mosaico, lume prescrito, autoprotección,… Porque non hai dúbidas de que esta terrible vaga de lumes se pode repetir, é a nosa obriga invertir todos os esforzos para que o resultado sexa diferente, reducindo os danos para as persoas e os seus bens, e para o territorio”.

Inscrición: https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas

PROGRAMA

9:15 h. Recepción de asistentes
9:30 h. Análise dos lumes de agosto 2025. JUAN PICOS (Universidade de Vigo)
10:30 h. Zonas estratéxicas de xestión no Baixo Miño. JULIA ARMESTO (Universidade de Vigo)
11:30 h. Descanso
11:45 h. Proxecto Mosaico Estremadura. FERNANDO PULIDO (Universidade de Estremadura)
12:45 h. Uso de simuladores para a definición de áreas estratéxicas de xestión. FILIPE ANTUNES (D.R. Conservação da Natureza e Florestas do Norte – ICNF)
13:45 h Debate
14:00-16:00 h Xantar

16 h. Xestión da paisaxe mediante o uso do lume prescrito. SILVANA PAIS (Associação de Fogo Prescrito da Europa – Nodfyr Portugal)
17 h. Análise social dos incendios forestais. ELVIRA SANTIAGO (Universidade da Coruña)
18 h. Descanso
18:15 h. Sistemas de aproveitamento silvopastoral dos montes galegos. ELOI VILLADA (Sociedade galega de pastos e forraxes)
19:15 h. Autoprotección en núcleos rurais. ROBERTO JORGE (Consorcio provincial de Pontevedra – servizo contra incendios e salvamento)
20:15 h. Debate

 

Back to top button