OurenseÚltima hora

A Xunta abrirá 10 oficinas na provincia para atender aos afectados polos incendios

Estarán, entre outros lugares no Barco, A Rúa, Vilamartín, Trives, Chandrexa e Verín

 

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciaba esta mañá a posta en marcha de 16 oficinas en toda Galicia para prestar atención directa ás persoas afectadas polos incendios forestais. Estes espazos ofrecerán asesoramento aos veciños e entidades que o precisen da man de técnicos da Xunta para axilizar a tramitación das axudas e para ofrecer a información precisa sobre a situación actual: “Rapidez en sacalas e rapidez en concedelas, e que a xente teña os cartos que necesita canto antes”, sinalaba.

Dez desas oficinas estarán na provincia de Ourense (Verín, A Gudiña, Xinzo de Limia, Maceda, O Barco de Valdeorras, Viana do Bolo, A Rúa, Pobra de Trives, Ribadavia, Chandrexa de Queixa e en Vilamartín de Valdeorras, esta última nunha oficina agraria móbil), dúas nas localidades coruñesas de Melide e Ponteceso, outra en Quiroga (Lugo) e tamén en Lalín e O Porriño (Pontevedra).

Back to top button