O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañou esta mañá á gañadora do sorteo de 3.000 euros da campaña “Días Azuis do Comercio Galego, Durante o percorrido, que deu comezo no establecemento Cousalinda —no corazón de Santiago de Compostela— a persoa premiada puido desfrutar do seu galardón realizando compras nos comercios locais que ela mesma escolleu. A maiores, no marco desta campaña, repartíronse tamén 44 tarxetas agasallo por valor de 250 euros e 60 tarxetas por valor de 150 euros, premiando así a numerosas persoas consumidoras que apostaron polo comercio de proximidade.
Esta iniciativa, que mobilizou nesta edición 3,5 millóns de euros no comercio de proximidade, está impulsada pola Xunta e a Federación Galega no marco do convenio de colaboración entre ambas partes, e conta co apoio das Federacións Provinciais de Comercio, as asociacións de comerciantes, os centros comerciais abertos e Abanca.
O director xeral lembrou aos asistentes que continúa en marcha a campaña Merca no teu comercio, que busca estimular a demanda e poñer en valor o comercio local en barrios sen asociacións comerciais e en concellos rurais, desenvolverase nas catro provincias galegas con 10 campañas por provincia, cada unha cunha duración de 15 días e pechando cun sorteo de premios. Actualmente, atópanse activas as campañas do barrio da Ponte en Ourense, en A Coruña, no concello da Guarda en Pontevedra , así como nos municipios de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas do Sil, na provincia de Lugo.