A VeigaConcellosÚltima hora

A Xunta recibe 2 ofertas para executar a mellora de espazos públicos en Meda e Lamalonga (A Veiga)

A actuación enmárcase no Plan Hurbe e permitirá a creación dun un parque infantil e unha zona de estancia para os veciños en cada un destes lugares

 

A Xunta vén de recibir 2 ofertas de empresas para executar as obras de mellora dos espazos públicos dos lugares da Meda e Lamalonga, no concello ourensán da Veiga, licitadas por 150.000€. A través destes traballos, que se enmarcan no Plan Hurbe da Xunta, habilitaranse un parque infantil e unha zona de estancia para os veciños en cada un destes núcleos rurais. As obras terán un prazo de execución de catro meses.

De acordo ao convenio asinado entre Xunta e Concello para colaborar nesta intervención a través do Plan Hurbe, a Administración autonómica asumirá o 70% do investimento da actuació, mentres que o Concello da Veiga aportará o 30% restante.

Os traballos enmárcanse no Plan Hurbe, co que a Xunta axuda aos concellos a financiar actuacións singulares que poidan recuperar espazos públicos ou mellorar equipamentos públicos para ofrecerlles máis posibilidades de desfrute á cidadanía.

Ao abeiro deste programa, a Xunta segue impulsando a continuada colaboración coas entidades locais para a execución de obras e outras actuacións de mellora de contornos urbanos, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.

Back to top button