En portadaÚltima horaVídeos

A XV Festa do Cordeiro de Chandrexa de Queixa congrega a case mil persoas

 

Ao longo da xornada deste 5 de setembro, o concello de Chandrexa de Queixa convértese en referente gastronómico e festivo coa celebración da XV Festa do Cordeiro. A cita comezaba ás 12:30h. en Celeiros cunha degustación de cordeiro ao espeto e, deseguido, dábase paso á animación musical coa actuación da Charanga Nova de Trives.

 

 

 

Ás 13.30 horas comezaba a sesión vermú co dúo Xilo e Carlos, como aperitivo musical do xantar popular da festa.Entre os asistentes á celebración estaban diversas autoridades, entre elas o alcalde de Chandrexa de Queixa, Francisco Rodríguez; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez; o director de Agacal, Martín Alemparte, así como alcaldes de zonas próximas, entre outras.

E arredor das dúas tiña lugar un pequeno acto institucional no que interviña o presidente do Parlamento de Galicia para explicar que se agasallaba ao pobo de Chandrexa cun agasallo representativo desa institución, que era recollido polo alcalde, quen agradecía este xesto.

 

 

Arredor das 14:30h. dábase paso ao xantar da festa que congregaba entre o pavillón e a carpa a unhas 950 persoas. O seu saboroso menú incluía empanada de iscos, pementos, cordeiro ao forno, bica, veu, café e licores. O prezo deste menú era de 20 € para adultos e 8 € para nenos/as de 6 a 10 anos. A comida estaba amenizada novamente pola Charanga Nova de Trives.

 

 

 

O programa da celebración continuará pola, ás 18.30 horas, coa actuación do dúo Xilo e Carlos e ás 20.30 horas terá lugar unha gran pancetada amenizada por disco móbil Will cos Djs Will Pérez, Alex Prieto e Kola, e orquestra Saudade.

Fotos e vídeos cedidos.

 

 

 

 

 

Back to top button